Aleksy rematou os seus estudos e planea pasar as vacacións cos seus amigos en Amsterdam, pero todo se torce cando a súa nai –a persoa que máis odia no mundo– o suborna para que pase con ela un último verán nunha pequena vila de Francia. Alí deberá enfrontarse ao seu vínculo roto e ao segredo que garda súa nai.
Mediante un relato cru, agresivo e convulso –feito polo propio Aleksy por recomendación do seu psiquiatra– descubrimos a historia dunha reconciliación imposíbel.
Tatiana Țîbuleac (Chișinău, 1978) estudou Xornalismo e Comunicación na Universidade Estatal de Moldova. Deuse a coñecer en 1995 grazas á súa columna “Historias verdadeiras” nun importante xornal. Traballou tamén como reporteira, como presentadora de televisión e no campo audiovisual.
En 2014 publicou o seu primeiro libro, Fabule moderne (‘Fábulas modernas’), unha colección de relatos sobre a migración. En 2017 chegou a súa primeira novela, O verán no que miña nai tivo os ollos verdes, amplamente traducida, e coa que gañou varios premios. A súa segunda novela, Grădina de sticlă (‘Xardín de cristal’), publicada en 2018, gañou o Premio de Literatura da Unión Europea.
/eh/2025-01-08/173633966714069467/picture.png)
/eh/2025-07-08/1751962110204480194/picture.png)
/eh/2025-06-21/1750485741321434291/Hi-Sign-in-My-Nihao.png)
/eh/2025-06-21/1750485837193896318/cart.png)
/eh/2025-06-21/1750485968202533847/cart.png)
/eh/2025-04-17/1744862476612819675/hot-img.png)






![Scale Up (Retro) [Modern Horizons]](https://cdn.shopify.com/s/files/1/0745/3147/1635/files/b120544c-77d6-5f6b-a1ff-04b1bb53200d_3fc5e559-f2bb-4d3c-bd07-44771ad48552.jpg?v=1776401726)

![Said // Done [Modern Horizons 2]](https://cdn.shopify.com/s/files/1/0745/3147/1635/files/3a7f3fdf-1400-502b-9807-96c24070656c.jpg?v=1776401684)

![Sea Drake [Modern Horizons 2]](https://cdn.shopify.com/s/files/1/0745/3147/1635/files/be3b28e8-9299-521f-af46-286434ed8688_797941ef-8bfe-46d7-aef7-3edd81335d31.jpg?v=1776432659)
