Estas cartas lense coma se fosen unha novela xa que ao longo dos textos observamos o avance ou o retroceso do mozo Sévigné na súa conquista, os seus
fracasos e os seus triunfos. Ninon é coma unha mestra amábel e risoña. Non se enfada, búrlase amabelmente do marqués e dos seus contratempos e axitacións. Esta correspondencia que forman un total de oitenta cartas, das que traducimos neste volume corenta, foi recollida por Damours e publicada de maneira póstuma por primeira vez en 1750 por Crébillon fillo, célebre autor dramático e membro da Académie Française.
O estilo das cartas é simple e directo. En xeral informal e elegante pola súa sobriedade. Ninon fai gala dun fino sentido do humor e utiliza unha lingua rica e coidada, adaptada á súa visión naturalista do amor.
Ninon de Lenclos
Dotada dunha grande experiencia, capacidade de observación, ausencia de prexuízos e sobre todo dunha enorme intelixencia, Ninon de Lenclos (París, 1615-1705) é unha muller liberada, hedonista convencida, cultivada e independente, raíña dos salóns parisienses. Todos buscaban o seu consello: os seus amigos, entre os que se contaban os espíritos máis brillantes da época, a raíña Cristina de Suecia, Racine, La Fontaine, Molière… Mesmo Louis XIV se preocupaba pola súa opinión.
/eh/2025-01-08/173633966714069467/picture.png)
/eh/2025-07-08/1751962110204480194/picture.png)
/eh/2025-06-21/1750485741321434291/Hi-Sign-in-My-Nihao.png)
/eh/2025-06-21/1750485837193896318/cart.png)
/eh/2025-06-21/1750485968202533847/cart.png)
/eh/2025-04-17/1744862476612819675/hot-img.png)






![One with the Multiverse [Duskmourn: House of Horror Commander]](https://cdn.shopify.com/s/files/1/0664/7218/1944/files/b5d4f7b2-fc79-5a17-ae8b-73b1075ad239.png?v=1726758117)
![Nightmare Shepherd [Duskmourn: House of Horror Commander]](https://cdn.shopify.com/s/files/1/0664/7218/1944/files/158a9535-9190-5501-956d-844839fe7dce.png?v=1726757657)
![Plains Art Card [Duskmourn: House of Horror Art Series]](https://cdn.shopify.com/s/files/1/0664/7218/1944/files/580030.jpg?v=1729718242)
![Enduring Tenacity [Duskmourn: House of Horror Prerelease Promos]](https://cdn.shopify.com/s/files/1/0664/7218/1944/files/580677.jpg?v=1727279585)
![Harmonize [Duskmourn: House of Horror Commander]](https://cdn.shopify.com/s/files/1/0664/7218/1944/files/fa7d892f-e95d-59b1-8c04-409853013df6.png?v=1726757658)
![Arachnogenesis [Duskmourn: House of Horror Commander]](https://cdn.shopify.com/s/files/1/0664/7218/1944/files/bb85d3af-803d-5c97-819c-aebe7f1adbbc.png?v=1726757884)